martes, 29 de octubre de 2013

Vivir no "país ribeirao": oportunidades e desafíos. Xornada práctica en SOBER



O vindeiro 10 de novembro teremos unha xornada práctica - compartida coa Mocidade de Anova - en torno ás oportunidades e desafíos que ten o noso rural.
Olería, viticultura, turismo, produtos tradicionais... 
Os obxectivos son coñecer as condicións de produción e a etnografía de produtos típicos do mundo ribeirao do interior galego e ver oportunidades de emprego da xente moza no rural a partires destes produtos, do cultivo ecolóxico e do turismo sostíbel.

Tamén coñecer algo máis o “país ribeirao”, como ámbito cultural ligado ao río Sil, ao cultivo do viñedo e á castaña nas zonas máis altas.

Pretendemos ademais irmanar zonas interiores do País (Terra de Lemos, Caldelas, Trives) con características socioeconómicas similares: baixa natalidade, poboación envellecida, baixos ingresos, o trauma do encoro...

Por outra parte, analizaremos as necesidades básicas de Sober en materia de saneamento, potenciación dos sectores primarios, turismo...

Na xornada haberá un xantar, polo que cómpre apuntarse antes do 7 de novembro no correo anovasober@gmail.com ou no teléfono 674473695
O prezo da xornada son 4 € (inclúe o xantar).

Quedamos ás 11:15 horas diante do Concello de Sober.



A primeira actividade (pan artesán) será ás 11:30 horas en Neiras.




Publicaremos os horarios e lugares das actividades para quen desexe incorporarse a calquera hora.